Avaliación continua Para poder seguir o sistema de avaliación continua,
o alumnado deberá asistir polo menos ó 80% das horas presenciais e presentar
tódolos traballos suxeitos a avaliación nos prazos e condicións establecidos. Nas dúas primeiras semanas de curso
cada alumno/a deberá comunicarlles ós docentes por escrito a súa intención de
acollerse ó sistema de avaliación continua. Entenderase que aqueles/as
alumnos/as que non comuniquen esa intención por escrito dentro dese prazo non
seguirán a docencia no sistema de avaliación continua, e polo tanto deberá
presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) ou sucesivas. O alumnado que se acolla á
avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse
á convocatoria da segunda edición de actas (xullo) ou sucesivas. Primeira
edición de actas (decembro de 2014) e segunda edición de actas (xullo de 2015) O alumno que non se acolla á avaliación continua
deberá presentarse na aula na que se imparte a clase o día 2 de decembro de
2014 para realizar a proba da convocatoria da primeira edición de actas (decembro
de 2014). Esta terá dúas partes: unha dedicada á tradución directa e outra á
tradución inversa. Para aproveitar correctamente as dúas horas de tempo
presencial, o equipo docente poderá fixar un prazo de entrega de algunha proba
de tradución para unha data posterior á da convocatoria. A parte de tradución directa suporá o 60% da nota
final e a parte de tradución inversa suporá o 40% da nota final.
As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media se ámbalas
dúas están aprobadas. As proporcións para a media serán do 60% para o módulo da
tradución directa e 40% para o da tradución inversa. De ter algunha das partes suspensas, haberá que
presentarse a esa parte na convocatoria da segunda edición de actas fixada para
o 6 de xullo de 2015 ás 16.00 horas na aula B6A. A nota da parte aprobada
conservarase ata esa convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2015.
A data e as condicións do exame comunicaránselle tamén ó alumnado mediante
Faitic. Na convocatoria da segunda edición de actas a avaliación realizarase da mesma forma
que na convocatoria da primeira edición de actas.O plaxio de calquera exercicio verase penalizado cun suspenso na materia. |