Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñece-la competencia do alumno no tocante ós conceptos teóricos da materia.

Poderase avalia-lo alumnado, ben mediante un exame ben mediante unha encomenda teórica.

O alumnado desenvolverá os contidos teóricos en castelán.
5
Traballos de aula Estes traballos incluirán traducións realizadas na aula, traducións preparadas con anterioridade e corrixidas na aula e exercicios con diversos textos. Terase en conta a participación activa nas clases e poderanse recoller traballos para a súa corrección e avaliación. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dúas probas de tradución na aula con tempo limitado. Unha das probas será de tradución inversa (2 h), realizada o 13 de decembro de 2013. A segunda proba, de tradución directa (2 h 30 min), será o día 17 de decembro de 2013.

As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media se están aprobadas. Se unha das partes leva unha nota mínima de 4, existe a posibilidade de compensar facendo media coa nota aprobada da outra parte. De non ser así, haberá que presentarse á/s parte/s suspensa/s na convocatoria de xullo.
40
Traballos e proxectos O alumno deberá entregar dúas encomendas de tradución que recollerán as especificidades das traducións traballadas na materia. A de tradución directa entregarase na última semana de novembro. A de inversa o día 13 de decembro, o mesmo día da proba en tempo limitado.

As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media se están aprobadas. Se unha das partes leva unha nota mínima de 4, existe a posibilidade de compensar facendo media coa nota aprobada da outra parte. De non ser así, haberá que presentarse á/s parte/s suspensa/s na convocatoria de xullo.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONVOCATORIA ORDINARIA DE DECEMBRO


Para poder segui-lo sistema de avaliación continua, o alumno deberá
asistir polo menos ó 80% das horas presenciais e presentar tódolos
traballos suxeitos a avaliación nos prazos e condicións establecidos.

O alumno que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación
de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo
ou sucesivas.

CONVOCATORIA FINAL DE DECEMBRO E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO


O alumno que non se acolla á avaliación continua deberá presentarse o día 17 de decembro a unha proba que constará de:

- unha parte teórica na aula: 10% da nota

- unha parte de tradución directa na aula con tempo limitado (2 h 30 min): 50% da nota

- unha encomenda de tradución inversa que recibirá  ese día e que
deberá entregar segundo os prazos e as condicións especificadas: 40% da
nota


As notas de tradución directa e de tradución inversa farán media se
están aprobadas. Se unha das partes leva unha nota mínima de 4, existe a
posibilidade de compensar facendo media coa nota aprobada da outra
parte. De non ser así, haberá que presentarse á/s parte/s suspensa/s na
convocatoria de xullo.


A data e as condicións do exame comunicaránselle tamén ó alumnado mediante Faitic.


Na convocatoria extraordinaria de xullo a avaliación realizarase da
mesma forma que na convocatoria ordinaria oficial de decembro.


O plaxio de calquera exercicio verase penalizado cun suspenso na materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000