Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científico-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñece-la competencia do alumno no tocante ós conceptos teóricos da materia.
<br>Poderase avalia-lo alumnado, ben mediante un exame ben mediante unha encomenda teórica.
O alumnado desenvolverá os contidos teóricos en castelán.
10
Traballos de aula Estes traballos incluirán traducións realizadas na aula, traducións preparadas con anterioridade e corrixidas na aula e exercicios con diversos textos. Terase en conta a participación activa nas clases e poderanse recoller traballos para a súa corrección e avaliación. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dúas probas de tradución na aula con tempo limitado (2 horas cada proba) cuxo calendario será establecido unha vez iniciado o curso. Unha das probas será de tradución directa e outra de tradución inversa. 40
Traballos e proxectos O alumno deberá entregar dúas encomendas de tradución que recollerán as especificidades das traducións traballadas na materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder segui-lo sistema de avaliación continua, o alumno deberá asistir polo menos ó 80% das horas presenciais e presentar tódolos traballos suxeitos a avaliación nos prazos e condicións establecidos.

O alumno que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo ou sucesivas. O exame constará de:

- unha parte de tradución con tempo limitado (2 horas): 60% da nota
*Como apoio poderase usar documentación en papel, como manuais e dicionarios, pero non o ordenador.

- unha encomenda de tradución que o alumno recibirá o día oficial do exame e que deberá entregar segundo o prazo e as condicións especificadas na encomenda: 40% da nota

Será preciso aprobar cada unha das partes para poder facer media.

CONVOCATORIA ORDINARIA OFICIAL DE XUÑO E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO

O alumno que non se acolla á avaliación continua deberá presentarse nas penúltima sesión presencial da materia a unha proba que constará de:

-  unha parte de tradución con tempo limitado (2 horas): 50% da nota
*Como apoio poderase usar documentación en papel, como manuais e dicionarios, pero non o ordenador.
- unnha encomenda de tradución que recibirá o alumnado o día do exame oficial e que deberá entregar segundo os prazos e as condicións especificadas: 40% da nota
- unha parte teórica: 10% da nota

Será preciso aprobar cada unha das partes para poder facer media.

A data e as condicións do exame comunicaránselle tamén ó alumnado mediante Faitic.

Na convocatoria extraordinaria de xullo a avaliación realizarase da mesma forma que na convocatoria ordinaria oficial de xuño.

O plaxio de calquera exercicio verase penalizado cun suspenso na materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000