Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora dos estudantes, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 A1
A2
A3
A4
C4
C5
C8
C17
C22
C27
D14
D16
D22
D23
Aprendizaxe baseado en proxectos Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 3, os estudantes desenvolverán un proxecto de tradución inversa en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 3. Data de entrega: xaneiro de 2018 (na data oficial do exame da materia fixada pola FFT). Lugar de entrega: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC e impreso na caixa do correo nº 109. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C27
D3
D8
D12
D14
D16
D22
Resolución de problemas Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). As profesoras farán un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirán e puntuarán dúas das tarefas propostas (as mesmas para todo o alumnado do curso). A cada tarefa corresponderalle un 20%. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C27
D5
D6
D14
D15
D16
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na semana do 13 ao 19 de novembro os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. É obrigatorio superar esta proba para superar a materia. Lugar: aula asignada para a docencia da materia. Se houbera algún cambio con respecto a esta data, anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia. 20 A2
C4
C5
C17
C18
C22
D15
D22
Probas de resposta curta Ao remate do tema 1, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de celebración da proba: segunda sesión da semana do 9 ao 13 de outubro de 2017, en horario de clase, na aula correspondente. Se houbera algún cambio con respecto a esta data, comunicarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados. 10 A1
A2
A3
A4
C4
C26
C27
D15
D22
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C26
C27
D3
D5
D6
D8
D12
D14
D15
D16
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación seguido nesta materia respecta o establecido nos Estatutos da Universidade deVigo no relativo aos dereitos e deberes do alumnado. Xa que logo, o alumnado ten dereito a ser avaliado dúas veces por curso académico, segundo o procedemento que se especifica nesta guía docente. O alumnado que se encontre en situacións excepcionais que poidan ser documentadas, como as de embarazo, enfermidade ou lesión, ou que compaxine a vida universitaria coa actividade laboral, ten dereito a recibir unha consideración especial, polo que estas situacións deberán ser notificadas na primeira semana do curso ou no momento en se produzan para que a docente poida adoptar as medidas oportunas.

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse á primeira oportunidade de avaliación no réxime de avaliación continua. As metodoloxías e porcentaxes correspondentes á avaliación única e á segunda oportunidade de avaliación son as especificadas máis adiante neste mesmo apartado.

É responsabilidade do alumnado consultar os materias e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas nas que as probas da avaliación teñen lugar.

PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XANEIRO):

O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade de avaliación correspóndese co sistema de avaliación continua. O sistema de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións na primeira oportunidade de avaliación.

Esixencias do sistema de avaliación continua:

- Deixar constancia por escrito a través da plataforma TEMA da vontade de acollerse á modalidade de avaliación continua na primeira semana do curso.

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Encomenda individual de tradución directa.

b) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. Data de realización: 2ª sesión de clase da semana do 9 ao 13 de outubro.

c) Proba práctica de tradución directa. Data de realización: Semana do 13 ao 19 de novembro.

d) Encomenda grupal de tradución inversa. Data de entrega: data oficial do exame de xaneiro de 2018.

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

Criterios de avaliación empregados no sistema de avaliación continua:

Os criterios de avaliación aplicados a cada traballo ou proba explicaranse nas clases e publicaranse en FAITIC para que todo o alumnado matriculado na materia poida acceder a eles.

De maneira xeral, encalquera das probas, traballos ou exercicios, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán).

- Incurranen plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

- Incumplan as instrucións proporcionadas para a realización e entrega do exercicio ou proba.

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN.

Que ocorre se non quero acollerme ao sistema de avaliación continua?

O estudantado que deixase constancia por escrito a través de FAITIC durante a primeira semana do curso da súa vontade de non acollerse ao sistema de avaliación continua, perderá o dereito á avaliación continua e formativa, mais terá dereito a realizar un exame na data oficial fixada polo Decanato, que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobreos contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%)

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver este exame non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

Neste exame obterán acualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán).

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XULLO):

PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (10%) Será obrigatorio aprobar esta proba para aprobar a materia. Para aprobar esta parte do exame será obrigatorio responder correctamente 7 preguntas de 8.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (60%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. Os estudiantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial,terá dereito a ser examinado noutra data.

En calquera das probas obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía (aplicable ao castelán).

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.

PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

2. Diferenzas entretextos científicos e textos técnicos.

3. O texto científico como ferramenta de comunicación.

4. Metas da linguaxe científica.

5. Elementos e características do estilo científico-técnico.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000