Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora dos estudantes, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0 A1
A2
A3
A4
C4
C5
C8
C17
C22
C27
D14
D16
D22
D23
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado. Neste traballo o estudante, de maneira individual, redactará un documento breve en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso. Será obrigatorio entregar este traballo para poder aprobar a materia. Data de entrega: 9 de novembro de 2015. Lugar: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC. 10 A1
A3
A4
A5
C4
C17
C21
C27
D6
D23
Proxectos Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 5, os estudantes desenvolverán un proxecto de tradución inversa en grupo. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 5. Data de entrega: 11 de xaneiro de 2016. Lugar de entrega: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC e impreso na caixa do correo nº 109. 30 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C27
D3
D8
D12
D14
D16
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). As profesoras farán un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirán e puntuarán unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 20 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C27
D5
D6
D14
D15
D16
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na última semana de docencia do cuadrimestre os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. É obrigatorio superar esta proba para superar a materia. Lugar: aula asignada para a docencia da materia. A data exacta da proba anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia. 20 A2
C4
C5
C17
C18
C22
D15
D22
Probas de resposta curta Ao remate do tema 3, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de celebración da proba: primeira sesión da semana do 12 ao 16 de outubro de 2015, en horario de clase, na aula correspondente. A data exacta comunicarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados. 20 A1
A2
A3
A4
C4
C26
C27
D15
D22
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C15
C17
C18
C21
C22
C26
C27
D3
D5
D6
D8
D12
D14
D15
D16
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua,
que se corresponde coa avaliación realizada no mes de xaneiro. O sistema
de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que
permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións
de avaliación na primeira oportunidade de avaliación.

ESIXENCIAS DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XANEIRO):

- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas
aquelas que non teñen peso na cualificación final. Todas as tarefas
entregadas deben estar completas para que conten como entregadas.

Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Traballo tutelado.

b) Proxecto de tradución inversa.

c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*.

d) Proba práctica de tradución directa.

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.

A
PROBA TEÓRICA REALIZARASE APROXIMADAMENTE NA SEMANA 6 DO CUADRIMESTRE
(12-15 DE OUTUBRO DE 2015) EN HORARIO DE CLASE. A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA
ÚLTIMA SEMANA DE DOCENCIA DO CUADRIMESTRE EN HORARIO DE
CLASE. AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE
ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA
FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO.

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante
documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa
que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba
parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.

SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO)

PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (20%) 

2.
Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá
reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e
relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera
dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 200 palabras) do inglés cara ao español (40%).

4. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 200 palabras) do español cara ao inglés (30%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos.

EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA.

PARA SUPERAR A
MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO
TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A
CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía. 

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.

*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado.

2. Características dos textos especializados.

3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.

5. O método científico.

6. Metas da linguaxe científica.

7. Elementos e características do estilo científico-técnico.

8. Notación científica e unidades de medida. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000