As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua,
que se corresponde coa avaliación realizada no mes de xaneiro. O sistema
de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que
permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións
de avaliación na primeira oportunidade de avaliación. ESIXENCIAS DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XANEIRO): - Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas
aquelas que non teñen peso na cualificación final. Todas as tarefas
entregadas deben estar completas para que conten como entregadas. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes: a) Traballo tutelado. b) Proxecto de tradución inversa. c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*. d) Proba práctica de tradución directa. Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. A
PROBA TEÓRICA REALIZARASE APROXIMADAMENTE NA SEMANA 6 DO CUADRIMESTRE
(15 DE OUTUBRO DE 2014) EN HORARIO DE CLASE. A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA
ÚLTIMA SEMANA DE DOCENCIA DO CUADRIMESTRE (10 DE DECEMBRO DE 2014) EN HORARIO DE
CLASE. SE SE PRODUCE ALGÚN CAMBIO, AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE
ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA
FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO. Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante
documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa
que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba
parcial, terá dereito a ser examinado noutra data. SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO) PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO (06/07/2015 ÁS 16.00 NA AULA N9) E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses): 1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 2.
Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá
reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e
relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera
dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%). 3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (50%). Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos. EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA. PARA SUPERAR A
MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO
TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A
CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO. En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía. - Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións). - Incurran en plaxio total ou parcialmente. *CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS: 1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado. 2. Características dos textos especializados. 3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes. 4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos. 5. O método científico. 6. Metas da linguaxe científica. 7. Elementos e características do estilo científico-técnico. 8. Notación científica e unidades de medida. |