Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Subjects
  Scientific-technical translation language 1: English-Spanish
   Assessment
  Description Qualification
Introductory activities As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora dos estudantes, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0
Tutored works O alumnado realizará un traballo tutelado. Neste traballo o estudante, de maneira individual, redactará un documento breve en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso. Será obrigatorio entregar este traballo para poder aprobar a materia. Data de entrega: 4 de novembro de 2014. Lugar: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC. 10
Projects Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 5, os estudantes traballarán en grupo de maneira colaborativa desenvolvendo un proxecto de tradución inversa. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 5, durante a que se lles entregará aos estudantes unha guía coa descrición dos obxectivos do proxecto, a planificación das actividades e o peso de cada unha das actividades dentro do proxecto. Data de entrega: 15 de xaneiro de 2015. Lugar de entrega: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC e caixa do correo nº 52. 30
Troubleshooting and / or exercises Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 25
Practical tests, real task execution and / or simulated. Na última semana de docencia do cuadrimestre os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. É obrigatorio superar esta proba para superar a materia. Data de celebración da proba: Mércores, 10 de decembro de 11.00 a 13.00 (grupo 1) e de 13.00 a 15.00 (grupo 2). Lugar: aula N9. De producirse algún cambio sobre a data prevista, a data exacta da proba anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia. 15
Short answer tests Ao remate do tema 3, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de celebración da proba: mércores, 15 de outubro de 2014, en horario de clase, na aula N9. Se fose preciso facer algunha modificación sobre a data de exame, a nova data comunicaríase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados. 20
Self-assessment tests Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0
 
Other comments on the Evaluation
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000