Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora dos estudantes, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado. Neste traballo o estudante, de maneira individual, redactará un documento breve en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso. Será obrigatorio entregar este traballo para poder aprobar a materia. Data de entrega: 9 de outubro de 2013. Lugar: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC. 15
Proxectos Durante as últimas 4 semanas do curso, correspondentes ao tema 5, os estudantes traballarán en grupo de maneira colaborativa desenvolvendo un proxecto de tradución inversa. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 5, durante a que se lles entregará aos estudantes unha guía coa descrición dos obxectivos do proxecto, a planificación das actividades e o peso de cada unha das actividades dentro do proxecto. Data de entrega: 16 de xaneiro de 2014. Lugar de entrega: exercicio creado no sitio da materia en FAITIC e caixa do correo nº 52. 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na última semana do cuadrimestre os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). A data exacta da proba anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. É obrigatorio superar esta proba para superar a materia. Data de celebración da proba: Mércores, 11 de decembro de 11.00 a 13.00 (grupo 1) e de 13.00 a 15.00 (grupo 2). Lugar: aula N9. 15
Probas de resposta curta Ao remate do tema 3, os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Data de celebración da proba: luns, 4 de novembro de 2013, de 10.00 a 11.00 na aula A3. 20
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua,
que se corresponde coa avaliación realizada no mes de xaneiro. O sistema
de avaliación continua non esixe asistencia ás clases, o que
permite que todos os estudantes matriculados teñan as mesmas condicións
de avaliación na primeira oportunidade de avaliación.

ESIXENCIAS DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN (XANEIRO):

-
Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao
longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación
final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Traballo tutelado.

b) Proxecto de tradución inversa.

c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*.

d) Proba práctica de tradución directa.

Para o desenvolvemento das probas teórica e práctica non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos.

A
PROBA TEÓRICA REALIZARASE APROXIMADAMENTE NA SEMANA 8 DO CUADRIMESTRE
(4 DE NOVEMBRO DE 2013) EN HORARIO DE CLASE. A PROBA PRÁCTICA CELEBRARASE NA
ÚLTIMA SEMANA DO CURSO (11 DE DECEMBRO DE 2013) EN HORARIO DE
CLASE. SE SE PRODUCE ALGÚN CAMBIO, AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE
ANTELACIÓN A TODOS OS ESTUDANTES MATRICULADOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA
FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO.

SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO)

PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 

2.
Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá
reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e
relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera
dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300 palabras) do inglés cara ao español (50%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos.

EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA.

PARA SUPERAR A
MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO
TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A
CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía. 

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.

*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:

1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado.

2. Características dos textos especializados.

3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.

5. O método científico.

6. Metas da linguaxe científica.

7. Xéneros textuais propios dos ámbitos científicos e técnicos.

8. Elementos e características do estilo científico-técnico.

9. Notación científica e unidades de medida. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000