Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científico-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias As actividades introdutorias servirán para facer unha avaliación inicial do alumnado que axudará a determinar cal é a situación de partida na materia en canto á competencia tradutora dos estudantes, a súa actitude cara á materia e os seus coñecementos previos. 0
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado. Neste traballo o estudante, de maneira individual, redactará un documento breve en que reflexione sobre os aspectos do libro de lectura obrigatoria que se lle indiquen e relacione ditos aspectos cos contidos do curso. Será obrigatorio entregar este traballo para poder aprobar a materia. 15
Proxectos Durante as últimas 5 semanas do curso, correspondentes ao tema 5, os estudantes traballarán en grupo de maneira colaborativa desenvolvendo un proxecto de tradución inversa. O desenvolvemento do proxecto explicarase de maneira detallada na primeira sesión dedicada ao tema 5, durante a que se lles entregará aos estudantes unha guía coa descrición dos obxectivos do proxecto, a planificación das actividades e o peso de cada unha das actividades dentro do proxecto. 30
Resolución de problemas e/ou exercicios Os estudantes deben subir ao seu cartafol persoal de FAITIC todas as tarefas que se lles encomenden, sexan exercicios, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento dos cartafoles persoais do alumnado e corrixirá e puntuará unha das tarefas propostas (a mesma para todo o alumnado do curso). 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na última semana do cuadrimestre (17-21 de decembro de 2012) os estudantes desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución, do inglés ao español, dun texto breve (sobre 250 palabras). A data exacta da proba anunciarase con suficiente antelación a todos os estudantes matriculados na materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 15
Probas de resposta curta Ao remate do tema 3 (aproximadamente na semana 9 do curso), os estudantes desenvolverán una proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos mínimos establecidos (detallados no apartado "Outros comentarios e segunda convocatoria"). Dun total de oito preguntas, deben responder axeitadamente sete. De non superaren esta proba, poderán recuperala ao longo do curso. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 20
Probas de autoavaliación Ao longo do curso, o alumnado irá desenvolvendo actividades de autoavaliación, que lle permitirán determinar o seu progreso e detectar posibles necesidades de aprendizaxe. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse unicamente ao sistema de avaliación continua.


ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:


- Entregar dentro do prazo establecido o 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación final. Dentro dese 80% inclúense obrigatoriamente as seguintes:

a) Traballo tutelado.

b) Proxecto de tradución inversa.

c) Proba teórica de resposta curta sobre os contidos mínimos esixidos*.

d) A tarefa do apartado de resolución de exercicios que for seleccionada para corrixir e puntuar.


Os alumnos que desexen acollerse ao sistema de avaliación continua deberán indicalo nas dúas primeiras semanas de curso.


ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA:


Os estudantes que non se acollan ao sistema de avaliación continua deberán presentarse a un exame final que suporá o 100% da cualificación final e que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 

2. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

3.  Proba práctica de tradución de dous textos breves (de arredor de 200 palabras cada un): un deles do inglés cara ao español (25%) e outro do español cara ao inglés (25%). 

Para o desenvolvemento do examen non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. O EXAME FINAL CELEBRARASE NA ÚLTIMA SEMANA DO CURSO (17-21 DE DECEMBRO DE 2012). AS DATAS E HORAS PRECISAS NOTIFICARANSELLES CON SUFICIENTE ANTELACIÓN AOS ESTUDANTES A TRAVÉS DA PLATAFORMA FAITIC E POR CORREO ELECTRÓNICO.


SEGUNDA CONVOCATORIA


PARA SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos*. (40%) 

2. Proba práctica de tradución de dous textos breves (de arredor de 200 palabras cada un): un deles do inglés cara ao español (25%) e outro do español cara ao inglés (25%). 

3. Proba sobre o libro de lectura obrigatoria: o estudante deberá reflexionar brevemente sobre os aspectos do libro que se lle indiquen e relacionalos cos contidos do curso. A proba desenvolverase en calquera dos idiomas da combinación lingüística da materia (10%).

Para desenvolver o exame de segunda convocatoria non se permite o uso de apuntamentos nin medios telemáticos.

EXCEPCIONALMENTE, PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA DA MATERIA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA CONVOCATORIA.


PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO NA PARTE TEÓRICA COMO NA PARTE PRÁCTICA, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN ELIXIDO.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía. Este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa (español-inglés).

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.



*CONTIDOS TEÓRICOS MÍNIMOS ESIXIDOS:


1. Diferenzas entre coñecemento xeral e especializado.

2. Características dos textos especializados.

3. A comunicación científica: obxectivos, fins e axentes.

4. Diferenzas entre textos científicos e textos técnicos.

5. O método científico.

6. Metas da linguaxe científica.

7. Xéneros textuais propios dos ámbitos científicos e técnicos.

8. Elementos e características do estilo científico-técnico.

9. Notación científica e unidades de medida. 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000