Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Español
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: seminario, actividades introdutorias, aprendizaxe colaborativa, estudo de casos, autoavaliación e resolución de problemas e exercicios.

* Metodoloxías docentes que se modifican: leccións maxistrais. No caso dun escenario non presencial, a metodoloxía de lección maxistral substiuirase pola de aprendizaxe inversa.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): as titorías desenvolveranse a través de correo electrónico e da sala virtual da profesora concertando cita previa.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non se modificarán os contidos.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: no caso de que fose preciso nun escenario non presencial, proporcionaraselle ao alumnado a bibliografía adicional que fose precisa.

* Outras modificacións.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas

Non se modificará o peso das probas xa realizadas. Só se modificará o peso das probas realizadas no caso de que sexa imposible acceder ao seu soporte físico antes do peche das actas. Nese caso, o peso da proba en cuestión distribuirase de maneira equitativa entre as restantes actividades avaliadas.

* Probas pendentes que se manteñen

Todas as probas pendentes manteranse co seu peso.

* Probas que se modifican
Nas probas de avaliación, só se modificará a contorna na que se realizan, é dicir, as probas previstas para desenvolver nunha contorna presencial desenvolveranse nas mesmas condicións a través dunha contorna virtual, xa sexa FAITIC, o campus remoto ou unha combinación de ambas.

* Novas probas

Non se engadirán probas á avaliación.

* Información adicional


PLAN DE CONTINXENCIA SOBRE A MODALIDADE MIXTA:

Na modalidade mixta, unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o
profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000