Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Realización de modo autónomo e individual de dúas encomendas de tradución (35% cada unha), as cales visan reproducir as condicións da práctica profisional. 70 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C5
C8
C14
C17
C18
C21
C22
C27
C33
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D14
D18
Traballo tutelado
Elaboración en equipa e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun artigo de (alta) divulgación técnico-científica.
30 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C5
C8
C14
C17
C18
C21
C22
C27
C32
C33
D2
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D12
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente disciplina pode
cursarse, na primeira chamada anual, en rexime de avaliación
continua
(en que se
valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a
participación regular e activa nas aulas)
ou de avaliación final única (exame oficial). No entanto, na chamada de xuño/xullo
só é posíbel o rexime de avaliación final única (exame oficial).

Na primeira chamada anual, enténdese que un alumno opta polo rexime
de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina!) cando realiza
algunha das actividades da avaliación continua (encomendas de tradución individuais,
traballo en equipa). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na
media aritmética ponderada das clasificacións nas dúas encomendas de tradución
individuais (cada unha, 35 % da clasificación global) e no traballo en equipa
(30 %); non obstante,
no caso de a media aritmética das clasificacións nas dúas encomendas de
tradución individuais ser inferior a 4,6 pontos, a clasificación global coincidirá con esa media aritmética de dúas clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua
mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da chamada de xuño/xullo (de cuxa parte
teórica ficarán eximidos no caso de teren apresentado, no correspondente ano lectivo,
un traballo en equipa con clasificación da sección do comentario tradutivo de 5,0 pontos ou superior) ou
acollérense aos reximes de avaliación de sucesivas chamadas. (A primeira
encomenda de tradución individual será lanzada durante a terceira semana lectiva
de novembro, a segunda encomenda de tradución individual será lanzada na primeira semana de decembro e o traballo en equipa será
exposto e entregado na segunda semana de xaneiro).

O exame oficial da disciplina (chamadas de decembro/xaneiro [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato] e xuño/xullo [data, hora e lugar estabelecidos polo
Decanato]) consta dunha parte práctica (75 % da clasificación global) e --se o alumno
non estiver isento por ter apresentado no mesmo ano traballo en equipa
cunha sección de comentario tradutivo satisfactoria (v. supra)-- dunha parte teórica a redixir
en galego (25 % da clasificación global); a parte práctica do exame, para
cuxa realización o alumno deberá comparecer provido dun computador
portátil con ligazón á internet, consiste en dúas traducións para galego
de textos técnico-científicos redixidos en inglés, unha breve e presencial (33 % da clasificación da parte práctica) e outra extensa e non presencial (67 % da clasificación da parte práctica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000