Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos/análises de situacións Realización de modo autónomo e individual de dúas encomendas de tradución, as cales visan reproducir as condicións da práctica profisional. 70 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE3
CE4
CE5
CE8
CE14
CE17
CE18
CE21
CE22
CE27
CE33
CT2
CT5
CT6
CT7
CT8
CT9
CT14
CT18
Traballo tutelado
Elaboración en equipa e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun artigo de (alta) divulgación técnico-científica.
30 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE2
CE3
CE4
CE5
CE8
CE14
CE17
CE18
CE21
CE22
CE27
CE28
CE32
CE33
CT2
CT5
CT6
CT7
CT8
CT9
CT10
CT12
CT14
CT18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente disciplina pode
cursarse, na primeira convocación anual, en rexime de avaliación
continua
(en que se
valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a
participación regular e activa nas aulas)
ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocación de xullo
só é posíbel o rexime de avaliación única (exame oficial).

Na primeira convocación anual, enténdese que un alumno opta polo rexime
de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina!) cando realiza
algunha das actividades da avaliación continua (encomendas de tradución individuais,
traballo en equipa). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na
media aritmética ponderada das clasificacións nas dúas encomendas de tradución
individuais (cada unha, 35 % da clasificación global) e no traballo en equipa
(30 %); non obstante,
no caso de a media aritmética das clasificacións nas dúas encomendas de
tradución individuais ser inferior a 4,6 pontos, a clasificación global coincidirá con esa media aritmética de dúas clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua
mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da convocación de xullo (de cuxa parte
teórica ficarán eximidos no caso de teren apresentado, no correspondente ano lectivo,
un traballo en equipa satisfactorio, con clasificación de 5,0 pontos ou superior) ou
acollérense aos reximes de avaliación de sucesivas convocacións. (A primeira
encomenda de tradución individual será lanzada durante a terceira semana lectiva
de novembro, a segunda encomenda de tradución individual será lanzada na primeira semana de decembro e o traballo en equipa será
exposto e entregado na terceira semana de xaneiro).

O exame oficial da disciplina (convocacións de decembro [data, hora e lugar estabelecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e lugar estabelecidos polo
Decanato]) consta dunha parte práctica (75 % da clasificación global) e —se o alumno
non estiver isento por ter apresentado no mesmo ano traballo en equipa
satisfactorio (v. supra)— dunha parte teórica a redixir
en galego (25 % da clasificación global); a parte práctica do exame, para
cuxa realización o alumno deberá comparecer provido dun computador
portátil con ligazón á internet, consiste en dúas traducións para galego
de textos técnico-científicos redixidos en inglés, unha breve e presencial (25 % da clasificación global) e outra extensa e non presencial (50 % da clasificación global).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000