Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Inglés-Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de ser necesaria a teledocencia, as únicas modificacións a introducir, a respecto do rexime de docencia presencial, concéntranse no capítulo da Avaliación Final Única:

Avaliación final única: a parte práctica do exame será ponderada con 60 % da clasificación global e consistirá nunha única encomenda de tradución individual, non presencial (cun prazo de entrega de varios días); a parte teórica do exame, cunha ponderación de 40 % da clasificación global, consistirá nun exercicio de aplicación de coñecementos teóricos que será feito a través do correo-e nun prazo limitado.


Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000