Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Relacións Internacionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Valoración do estudo de caso entregado polo grupo de traballo e debate cos seus membros. O traballo poderá entregarse en castelán ou en galego, indistintamente. A puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10.
O traballo deberá ser subido á plataforma FAITIC, a máis tardar, o venres 7 de abril.
40 A1
A3
A4
A5
C2
C8
C10
C24
C25
D6
D13
D17
Probas de tipo test Realización de dous cuestionarios sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar na segunda semana de marzo. O segundo, na primeira de maio. A puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10. 60 A1
A2
C2
C8
C24
C25
D6
D13
D17
Probas de resposta curta Realización dunha proba sobre os contidos da materia na semana de maio indicada polo decanato. Esta proba non será obrigatoria xa que está pensada para mellorar a nota obtida no estudo de caso e nos cuestionarios. A súa puntuación será de 0 a 2, nunha escala de 0 a 10. 0-20 A1
A2
A3
A4
A5
C2
C8
C10
C24
C25
D6
D13
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumno deberá participar nas actividades previstas na materia e asistir ao 70% das sesións presenciais de clase, agás circunstancias excepcionais, debidamente xustificadas e admitidas polo docente. Quedará exento desta obriga o alumnado que, conforme ao establecido no artigo 46k da LO 6/2001 e no artigo 7d do RD 1791/2010, acredite documentalmente necesidades de conciliación laboral ou familiar. Dadas as porcentaxes de cualificación asignadas, o alumnado pode obter a máxima cualificación sen necesidade de realizar a proba de resposta curta. Non obstante, poderá mellorar a súa cualificación presentándose á esta.

No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá realizar un único exame na data indicada polo calendario oficial do decanato. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente.

Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame, na data oficial marcada pola Facultade. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego, indistintamente.

NB.- A acreditación das circunstancias de conciliación laboral e familiar contempladas na lexislación vixente constará de documentación emanada da Seguridade Social que certifique a condición de alta como traballador autónomo ou por conta allea. No caso da conciliación familiar documentación oficial que no alumno ou na alumna concorren as circunstancias que outorgan ese dereito conforme a normativa en vigor.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000