Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Relacións Internacionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Valoración do estudo de caso entregado polo grupo de traballo e debate cos seus membros. O traballo poderá entregarse en castelán ou en galego, indistintamente. A puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10.
O traballo deberá ser subido á plataforma FAITIC, a máis tardar, o venres 14 de marzo.
40
Probas de tipo test Realización de dous cuestionarios sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar o venres, 28 de febreiro. O segundo, o venres 25 de abril. A puntuación será de 0 a 6, nunha escala de 0 a 10. 60
Probas de resposta curta Realización dunha proba sobre os contidos da materia o día 12 de maio. Esta proba non será obrigatoria xa que está pensada para mellorar a nota obtida no estudo de caso e nos cuestionarios. A súa puntuación será de 0 a 2, nunha escala de 0 a 10. 0-20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumno deberá participar nas actividades previstas na materia e asistir ao 70% das sesións presenciais de clase, agás circunstancias excepcionais, debidamente xustificadas e admitidas polo docente. Dado as porcentaxes de cualificación asignadas, o alumnado pode obter a máxima cualificación sen necesidade de realizar a proba de resposta curta. Non obstante, poderá mellorar a súa cualificación presentándose á esta.


No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá realizar un único exame o día 12 de maio. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente.


Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame, na data oficial marcada pola Facultade. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego, indistintamente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000