Probas de tipo test |
Realización de dous cuestionarios sobre os contidos da materia, nas semanas 7 e 14. A puntuación será de 0 a 4, nunha escala de 0 a 10. |
60 |
Para ter dereito á avaliación continua e a unha cualificación final, o alumno deberá participar nas actividades previstas na materia e asistir ao 70% das sesións presenciais de clase, agás circunstancias excepcionais, debidamente xustificadas e admitidas polo docente. Dado as porcentaxes de cualificación asignadas, o alumnado pode obter a máxima cualificación sen necesidade de realizar a proba de resposta curta. Non obstante, poderá mellorar a súa cualificación presentándose á esta.
No caso do alumnado que non se acolla á avaliación continua, deberá realizar un único exame na semana 16, en data acordada. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego indistintamente.
Na convocatoria de xullo o alumnado deberá realizar un único exame, na data oficial marcada pola Facultade. O exame terá unha parte teórica que se realizará mediante unha proba oral sobre os primeiros seis temas (valor 50%) e outra práctica (resolución por escrito, na aula e durante un máximo de 90 minutos, dun exercicio relacionado co tema sete, debidamente actualizado; valor 50%). Haberá que realizar as dúas partes obrigatoriamente, obtendo un mínimo de 2 puntos sobre 10 en cada unha. O exame poderá facerse en castelán ou galego, indistintamente. |