Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Relacións Internacionais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===


* Metodoloxías docentes que se modifican
Lección maxistral Exposición dos seis primeiros temas que compoñen a materia. As
exposicións serán completadas, facilitándolle ao alumnado, a través da plataforma Faitic,
os temas que non poidan ser abordados na aula, preparados e redactados polo docente. Estudo de casos O alumnado, distribuído en grupos de traballo, deberá analizar as implicacións xeopolíticas dun tema de actualidade que será presentado nas actividades introdutorias, ou no seu defecto na descripción do curso en Faitic, subindo a esta plataforma os resultados e sendo avaliado polos mesmos.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Farase a través do despacho virtual e do correo electrónico.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Non haberá
* Outras modificacións
Cada semana, mentres dure a suspensión de aulas, subirase a Faitic un cuestionario de autoavaliación de resposta múltiple, secuenciando a parte teórica da que se examinarán.
Cada un deses cuestionarios incorporara un feedback coas razóns que xustifican a corrección ou incorrección da resposta dada polo alumnado. Deste xeito, poderán adquirir destrezas que lles permitan superar os cuestionarios de resposta múltiple da avaliación que tamén levarán incorporado o seu feedback.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Manteranse as probas, porcentaxes e calendarios previstos, pero, en lugar de facerse presencialmente na aula, realizaranse a través dos medios técnicos dispoñibles na UVigo.
Porén, o exame escrito previsto para a avaliación única, así como para a segunda edición, poderá ser sustituído por un cuestionario que recolla aspectos dos seis primeiros temas. Este cuestionario faríase a través dos medios técnicos dispoñibles na UVigo.

Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000