Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e da tradución á vista. 10 C1
C2
C6
C9
C13
C17
D4
D7
D13
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba de interpretación simultánea pt>es.
Para cualificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos.
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica.
90 C1
C2
C6
C9
C13
C17
D4
D7
D13
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



Os estudantes serán avaliados a través dunha proba
consistente na interpretación simultánea dun discurso na combinación PT>ES.


Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior.


ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONTINUA:


A proba terá lugar na última semana do calendario lectivo.


A porcentaxe da nota do exame é do 90% para os estudantes que se acolleren a
este sistema de avaliación.


Será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba de
interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se
sumará a puntuación acadada nos outros apartados.


ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA:


A proba terá lugar no día indicado no calendario de exames aprobado no
decanato.


A porcentaxe da nota do exame é do 100% para os estudantes que se acolleren a
este sistema de avaliación.


EXAME DE XULLO


O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no
calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se
aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 10%
correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá
unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000