Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Avaliarase ao alumnado mediante unha proba. A data de realización de dita proba indicarase ao longo do curso.
10
Prácticas de laboratorio Haberá probas de tradución á vista e de interpretación simultánea ao longo do curso.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O alumnado examinarase constantemente cos exercicios prácticos que se farán en clases. Consistirá en exercicios de interpretación simultánea de textos non especializados. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) O alumnado que siga o curso con asistencia regular ás clases (80% presencial) poderá acollerse ao sistema de avaliación continua. O que non cumpra co 80% de presencialidade, deberá presentarse ao exame final de maio que terá lugar na penúltima semana de clase. O que suspenda na convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo.


2) O alumnado que non siga a avaliación continua, deberá realizar un exame final en maio(avaliación única) sobre todos os contidos da materia especificados no apartado CONTIDOS da guía docente. A data oficial (hora e sala) será na última semana de clase. O que suspenda na convocatoria de maio, terá que avaliarse de todos os contidos da materia en xullo.


3) Os alumnos Erasmus seguirán o mesmo método de avaliación.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000