Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio
Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e da tradución á vista, para alén da entrega dos traballos derivados das interpretacións corrixidas.
15 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C6
C9
C13
C17
D4
D7
D13
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá nunha proba final de interpretación simultánea de francés a galego.
Para cualificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos.
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica.
85 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C6
C9
C13
C17
D4
D7
D13
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes serán avaliados a través dunha proba consistente na interpretación simultánea dun discurso na combinación
FR>GL. A proba terá lugar en maio de 2016, na última semana do calendario lectivo. Os criterios de avaliación serán os
descritos no apartado anterior. A porcentaxe da nota do exame é do 85% para os estudantes que se acolleren á avaliación
continua e do 100% para os demais. Alén diso, será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba
de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos
outros apartados.
O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial. Empregaranse
os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 15%
correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado
nesta convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000