Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua.
Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e da tradución á vista.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba de interpretación simultánea en>gl. Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto
da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de
simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de
nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica.
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes serán avaliados a través dunha proba consistente na interpretación simultánea dun discurso dun tema coñecido na combinación en>gl. A proba terá lugar na data estabelecida no calendario oficial publicado polo Decanato. Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior. A porcentaxe da nota do exame é do 90% para os estudantes que se acolleren á avaliación continua e do 100% para os demais. Para poderen optar á avaliación continua, os estudantes deberán asistir a un 80% das sesións. Alén diso, será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados.

O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 10% correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000