Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Realización dunha proba de interpretación simultánea en>gl. Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto
da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de
simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de
nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica. |
90 |
Os estudantes serán avaliados a través dunha proba consistente na interpretación simultánea dun discurso na combinación en>gl. A proba terá lugar o 28 de abril de 2015, na última semana do calendario lectivo. Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior. A porcentaxe da nota do exame é do 90% para os estudantes que se acolleren á avaliación continua e do 100% para os demais. Para poderen optar á avaliación continua, os estudantes deberán asistir a un 80% das sesións. Alén diso, será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba de interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados. O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 10% correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria. |