Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
<br> Cada alumno deberá presentar un discurso preparado por el mesmo no Idioma 2 para ser interpretado por outro alumno. A documentación previa e a capacidade de oratoria formarán parte da avaliación
<br><br>
15
Foros de discusión Todos os alumnos deberán aportar comentarios sobre dúbidas/problemas que
aparezan durante o desenvolvemento da materia, mediante o uso do “foro de
dúbidas” que se creará a tal efecto en FAITIC.

10
Traballos de aula Os alumnos realizarán e entregarán un mínimo de 3 traballos de interpretación durante o cuadrimestre e será necesario que media dos tres traballos sexa como mínimo 5 para aprobar. 35
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Todos os alumnos deberán facer unha proba que será corrixida e avaliada. Esta proba terá lugar na derradeira semana do cuadrimestre e será necesario ter como mínimo un 5 para aprobar. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para a avaliación continua é imprescindible cumprir cun mínimo do 80% de horas presenciais e realizar todos os traballos de aula e exposicións que se explican polo miúdo na presente guía.

Aqueles alumnos que renuncien á avaliación continua terán que facer un exame final na derradeira semana do cuadrimestre que consistirá na realización dunha interpretación sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no exame final será a cualificación final da materia.

Na convocatoria extraordinaira de xullo o estudantado realizará un exame final na data oficial que consistirá na realización dunha interpretación sobre algún dos ámbitos incluídos no temario. A cualificación obtida no exame final será a cualificación final da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000