Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións Actividade teórico-práctica na que se simulará un cliclo de conferencias no que os alumnos farán as veces de oradores. O alumno debe documentarse e eleborar unha discurso ou rôle-play sobre un tema da súa escolla e contextualizado nalgún dos ámbitos presentados na sesión maxistral. O discurso será interpretado por otro alumno a escolla da profesora. Os discursos irán acompañadas dun glosario e fontes de información que serán presentados ao resto da clase para facilitar a preparación da interpretación.
Actividades introdutorias Trátase dunha actividade introdutoria na que se presentará o temario da materia, así como a
metodoloxía que se aplicará. Tamén se presentará o modo de avaliación e se resolverán as posibles dúbidas dos alumnos.
Foros de discusión Actividade práctica orientada á resolución de problemas e dúbidas, especialmente de carácter
técnico e terminolóxico.
Traballos de aula Trátase de traballo práctico no que se van realizar actividades de interpretación empregando as técnicas e modalidades presentadas na sesión maxistral. A profesora tamén orientará aos alumnos sobre os traballos prácticos de
interpretación que deberán facer pola súa conta, algúns dos cales serán avaliados.
Sesión maxistral Trátase de clases teóricas nas que se expoñen os aspectos máis destacados da teoría da
interpretación orientada ao Idioma 2. A profesora tamén explicará os apectos máis relevantes das técnicas e modalidades coas que se vai traballar na clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000