Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación contínua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IC e da IE.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dúas interpretacións de conferencia: unha directa e unha inversa, ou unha interpretación de conferencia e unha de enlace (50% cada unha).
Avaliaranse os aspectos seguintes:
Técnica: a capacidade de escoita activa e análise; a toma de decisión respecto da información principal necesaria; a estruturación a coherencia e o uso de nexos.
Contido: corrección dos contidos. a coherencia intra e inter textual
Produción: seguridade, fluidez, prosodia, rexistro, corrección gramatical e léxica
Para aprobar esta proba será necesario aprobar ambas as dúas partes.
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os e as estudantes que se
acollan á avaliación continua terán que superar unha proba única
consistente na interpretación consecutiva de dous discursos, un en
directa, fr>es e outro en inversa es>fr ou unha consecutiva
inversa ou directa e unha interpretación de enlace. Esta proba terá
lugar o martes 9-12 durante a sesión de clase. Os criterios de
cualificación serán os referidos no apartado anterior. Para os que non
se acollan á avaliación continua, a nota desta proba será o 100% da nota
final.

Convocatoria extraordinaria de xullo. Realizarase o día do exame oficial. Os criterios de cualificación serán os criterios aplicados para cualificar a proba única realizada durante o exame oficial: unha interpretación directa e unha inversa ou unha interpretación de enlace e unha inversa ou directa. A porcentaxe da nota do exame será o 100% da nota final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000