Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Francés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Realizaranse mediante titorías individuais. Escoitarase a gravación do exercicio e se valorará a corrección levada a cabo polo estudante tanto en clase coma a través de TIC. Analizaranse as notas tomadas durante a fase de escoita. Detectaranse erros situandolos dentro das distintas operacións da IC ou IE, analizándos as súas causas e buscando solucións. Indicaranse tarefas e exercicios específicos para paliar deficiencias e erros. O estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe. Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Estudo previo Realizarase a partir de escóita e lectura de discursos en francés e en español para elaborar unha gramática de contraste, glosarios temáticos e dese modo poder utilizalos na posterior interpretación dun discurso ou reunión bilateral do mesmo ámbito ou contexto. Detectaranse erros situándolos dentro das distintas operacións da IC ou IE, analizando as súas causas e buscando solucións. Indicaranse tarefas e exercicios específicos para paliar deficiencias e erros. O estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe.
Traballo tutelado Realizaranse interpretacións consecutivas en ambas as direccións para o seu posterior escoita e corrección en clase. Enunciásense discursos e entrevistas para a súa posterior interpretación. Tras as presentacións procederase á corrección do discurso así como da súa interpretación; analizaranse as notas tomadas durante a fase de escoita e detectaranse erros situándolos dentro das distintas operacións da IC ou IE, analizando as súas causas e buscando solucións. Indicaranse tarefas e exercicios específicos para paliar deficiencias e erros.
Probas Descrición
Práctica de laboratorio Realizaranse interpretacións directas e inversas ou dunha reunión bilateral para a súa posterior avaliación; a revisión dos erros realizarase a continuación de modo que o estudante poida reflexionar sobre as súas competencias na materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000