Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Estas actividades están encamiñadas á toma de contacto dos estudantes coa profesora e a
materia. Formularanse os obxectivos e describirá a metodoloxía.
Finalmente, formularanse e explicarán os criterios de avaliación.
Prácticas autónomas a través de TIC Son prácticas individuais de IC a partir do visionado e a escoita de sesións reais de
conferencias e discursos on line.
En canto á IE, traballarase nunha soa dirección salvo escoita de entrevistas con interpretación.
Corrección de exercicios.
Estudos/actividades previos Os e as estudantes deberán complementar o traballo de aula con actividades previas de
documentación e preparación das áreas temáticas coas que se traballe que incluirán a elaboración de glosarios, a lectura de textos e discursos paralelos, etc.
Traballos de aula Se trata do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da IC. Familiarizaránse os estudantes cos equipos de interpretación tanto para o seu manexo individual coma para o traballo por parellas.
Realizaránse actividades relacionadas coas principais estratexias para a IC e IE así como exercicios prácticos de IC directa, inversa e IE en varias áreas temáticas e repreduciendo os distintos supostos de traballo.
Así mesmo, desenvolveranse tarefas de preparación individual e conxunta dos exercicios prácticos
-análise de vocabulario relevante, lectura rápida, tradución a vista con ou sen preparación, etc.
Cada exercicio realizado en cabina será gravado para a súa posterior escoita, corrección e análise
crítico na aula e na casa
Sesión maxistral Explicación de contidos teóricos da materia que se impartirán de forma transversal nas
sesións prácticas de traballo nos laboratorios de interpretación. A explicación da profesora se
complementará coas lecturas correspondentes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000