Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Elaboración de discursos nas linguas A e B. Apto necesario 0 A1
A3
A4
A5
C1
C3
D16
Seminario Participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva. Apto necesario 0 A2
A3
C18
C27
D8
D9
D14
D22
Prácticas de laboratorio Práctica de interpretación consecutiva, con distintas variantes en función da fase e necesidades de aprendizaxe.
Actividades suxeridas ou realizadas na clase, de forma individual, en parellas ou en grupo, para exercitar e desenvolver as competencias da materia ou poñer en práctica coñecementos teóricos.
10 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C3
C8
C10
C12
C13
C18
C21
C24
C27
D4
D6
D7
D8
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D22
D23
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba de interpretación consecutiva entre as linguas B e A, cunha parte en inversa.
Para cualificar esta proba empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superarada a proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
90 A2
A5
C1
C3
C8
C12
C13
C17
C18
C21
C24
C29
D4
D6
D7
D8
D10
D11
D13
D14
D16
D17
D18
D22
Probas de autoavaliación Reflexión persoal sobre o desenvolvemento das competencias da materia a partir da análise retrospectiva dunha interpretación realizada na clase (vid. "Atención personalizada"). Apto necesario 0 A1
A2
A3
A5
C21
C24
C27
D8
D9
D14
D15
D18
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente as seguintes tarefas ou probas de avaliación: elaboración de discursos nas linguas A e B, exercicio de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación (da que é imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 e que se
celebrará na última semana de clase segundo o calendario da FFT). Tanto na clase como na plataforma Faitic informarase da secuenciación das distintas tarefas para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio. 
Os/as alumnos/as que cumpriren os requisitos para acollerse á avaliación continua terán dereito a unha segunda oportunidade de
presentarse á proba de interpretación (na data oficial de realización do examen de avaliación única segundo
o calendario da FFT), de tal forma que os/as alumnos de avaliación continua poderán optar por que a docente corrixa unha ou
outra prueba coma exame final. Con todo, só se recomenda que opten por presentarse na data oficial de avaliación
única no caso de que a súa prestación durante a proba final fose moi inferior á súa prestación habitual na clase.

Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación consecutiva dun discurso entre as linguas B e A (con algunha parte para interpretar en inversa e a posibilidade de incluír un exercicio de elaboración de discursos nas linguas A e B) e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

No caso do alumnado de intercambio que posúa unha competencia maior do inglés que do castelán como lingua activa, poderá interpretar maioritariamente desta lingua ao inglés e ser avaliados en consecuencia, sendo os requisitos iguais que para o resto de alumnado —tanto para avaliación continua como única—, coa única diferenza de que, no seu caso, entendemos como lingua A o inglés e lingua B o castelán.

É responsabilidade do alumnado estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as
probas de avaliación, así como consultar os materiais e as novidades que se poñen á súa disposición na plataforma FAITIC.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000