Seminarios |
Participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva. |
Apto necesario 0 |
A2 A3
|
|
C18 C27
|
D8 D9 D14 D22
|
Prácticas de laboratorio |
Práctica de interpretación consecutiva, con distintas variantes en función da fase e necesidades de aprendizaxe.
Actividades suxeridas ou realizadas na clase, de forma individual, en parellas ou en grupo, para exercitar e desenvolver as competencias da materia ou poñer en práctica coñecementos teóricos. |
Formativa 0 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C1 C3 C8 C10 C12 C13 C18 C21 C24 C27
|
D4 D6 D7 D8 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D22 D23
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Realización dunha proba de interpretación consecutiva entre as linguas B e A, cunha parte en inversa.
Para cualificar esta proba empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superarada a proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido. |
100 |
A2 A5
|
|
C1 C3 C8 C12 C13 C17 C18 C21 C24 C29
|
D4 D6 D7 D8 D10 D11 D13 D14 D16 D17 D18 D22
|
Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente as seguintes tarefas ou probas de avaliación: elaboración de discursos nas linguas A e B, exercicio de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación (da que é imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 e que se
celebrará na última semana de clase segundo o calendario da FFT). Tanto na clase como na plataforma Faitic informarase da secuenciación das distintas tarefas para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio. Os/as alumnos/as que cumpriren os requisitos para acollerse á avaliación continua terán dereito a unha segunda oportunidade de presentarse á proba de interpretación (na data oficial de realización do examen de avaliación única segundo o calendario da FFT), de tal forma que os/as alumnos de avaliación continua poderán optar por que a docente corrixa unha ou outra prueba coma exame final. Con todo, só se recomenda que opten por presentarse na data oficial de avaliación única no caso de que a súa prestación durante a proba final fose moi inferior á súa prestación habitual na clase.
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación consecutiva dun discurso entre as linguas B e A (con algunha parte para interpretar en inversa e a posibilidade de incluír un exercicio de elaboración de discursos nas linguas A e B) e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.
No caso do alumnado de intercambio que posúa unha competencia maior do inglés que do castelán como lingua activa, poderá interpretar maioritariamente desta lingua ao inglés e ser avaliados en consecuencia, sendo os requisitos iguais que para o resto de alumnado —tanto para avaliación continua como única—, coa única diferenza de que, no seu caso, entendemos como lingua A o inglés e lingua B o castelán.
|