Seminarios |
Participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva. |
5 |
A2 A3
|
|
C18 C27
|
D8 D9 D14 D22
|
Prácticas de laboratorio |
Práctica de interpretación consecutiva, con distintas variantes en función da fase e necesidades de aprendizaxe.
Actividades suxeridas ou realizadas na clase, de forma individual, en parellas ou en grupo, para exercitar e desenvolver as competencias da materia ou poñer en práctica coñecementos teóricos. |
Formativa 0 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C1 C3 C8 C10 C12 C13 C18 C21 C24 C27
|
D4 D6 D7 D8 D10 D11 D12 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D22 D23
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Realización dunha proba de interpretación consecutiva entre as linguas B e A, cunha parte en inversa.
Para cualificar esta proba empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superarada a proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido. |
90 |
A2 A5
|
|
C1 C3 C8 C12 C13 C17 C18 C21 C24 C29
|
D4 D6 D7 D8 D10 D11 D13 D14 D16 D17 D18 D22
|
Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente as seguintes tarefas ou probas de avaliación: elaboración de discursos nas linguas A e B, exercicio de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación (da que é imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 e que se
celebrará na última semana de clase, isto é, na semana do 14 ao 18 de
decembro, segundo o calendario da FFT). Tanto na clase como na plataforma Faitic informarase da secuenciación das distintas tarefas para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio.
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación consecutiva dun discurso entre as linguas B e A (con algunha parte para interpretar en inversa e a posibilidade de incluír un exercicio de elaboración de discursos nas linguas A e B).
No caso do alumnado de intercambio que posúa unha competencia maior do inglés que do castelán como lingua activa, poderá interpretar maioritariamente desta lingua ao inglés e ser avaliados en consecuencia, sendo os requisitos iguais que para o resto de alumnado —tanto para avaliación continua como única—, coa única diferenza de que, no seu caso, entendemos como lingua A o inglés e lingua B o castelán.
|