Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Elaboración de discursos nas linguas A e B. 10
Seminarios Participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación consecutiva. 5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba de interpretación consecutiva entre as linguas B e A, cunha parte en inversa.
Para cualificar esta proba empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superarada a proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
80
Probas de autoavaliación Reflexión persoal sobre o desenvolvemento das competencias da materia a partir da análise retrospectiva dunha interpretación realizada na clase (vid. "Atención personalizada"). 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para poder optar á avaliación continua explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente (elaboración de discursos, aplicación de coñecementos teóricos, realización dunha proba de interpretación e exercicio de autoavaliación), cómpre asistir ao 80% das clases. É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de interpretación consecutiva para dar por aprobada a materia.
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación consecutiva dun discurso entre as linguas B e A (con algunha parte para interpretar en inversa e a posibilidade de incluír un exercicio de elaboración de discursos nas linguas A e B).
A avaliación única terá lugar o13 de xaneiro ás 16 h na aula que indicará a docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000