Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Terase en conta só para os estudantes que se acolleren á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da
práctica da IC e da IE.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizaranse dúas interpretacións de dous discursos: unha en directa e outra en inversa, ou a interpretación dun discurso e dunha reunión ou entrevista.
Avaliaranse os seguintes aspectos:
- Técnica: a capacidade de escoita activa e análise, a toma de decisións con respecto á información principal necesaria, a estructuración, a coherencia e o emprego de nexos e conectores.
- Contidos: corrección e adecuación dos contidos, coherencia intra e inter textual.
- Produción: seguridade, articulación, fluidez, prosodia, rexistro, etc.
- Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Os estudantes serán avaliados a través dunha proba única consistente na interpretación consecutiva de dous discursos,
un en directa (en>es) e outro en inversa (es>en), ou nunha IC inversa ou directa e unha IE. A proba terá lugar na última sesión de clase do calendario lectivo. Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior. A porcentaxe da nota do exame é do 90% para os estudantes que se acolleren á avaliación continua e do 100% para o resto.
O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial de exames. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba única realizada durante o exame oficial: unha interpretación directa e unha inversa ou unha interpretación de enlace e unha inversa ou directa. Non se terá en conta o 10% correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000