Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio A/o estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto á docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Nas titorías a docente axudará á/ao alumna/o a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia. Non se descarta que o/a alumno/a teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Mesmo neste caso, recoméndase que consulte as súas dúbidas canto antes coa docente para que esta o/a axude a buscar formas de superalas a tempo. No caso da autoavaliación formal prevista para a metade do cuadrimestre, o/a alumno/a deberá presentar á docente unha diagnose da súa evolución na aprendizaxe da materia, detectando os seus puntos fortes, débiles e mais as causas destes últimos. Así mesmo, proporá formas para superalos. Como punto de partida, terá en conta a matriz de valoración que se utilizará para cualificar a proba final da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000