Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Trátase de actividades para a toma de contacto dos estudantes co profesor e a materia. Formularanse os obxectivos, describirase a metodoloxía e explicaranse os criterios de avaliación.
Prácticas de laboratorio Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da interpretación consecutiva. Os estudantes familiarizaranse cos equipamentos de interpretación por medio da utilización destes. Levaranse a cabo actividades relacionadas coas principais estratexias para interpretación consecutiva (IC) e interpretación de enlace (IE), alén de exercicios prácticos de IC directa, inversa e IE en varias áreas temáticas e reproducindo diferentes supostos de traballo. Alén diso, realizaranse tarefas de preparación individual e conxunta dos exercicios prácticos (análise de vocabulario relevante, lectura rápida, tradución a vista con ou sen preparación, etc.). Os exercicios realizados en cabina gravaranse para a súa posterior escoita, corrección e análise crítica na aula e na casa.
Sesión maxistral Explicación de contidos teóricos da materia, que se impartirán de forma transversal durante as sesións prácticas de traballo nos laboratorios de interpretación. As explicacións do profesor complementaranse coas correspondentes lecturas.
Estudos/actividades previos Os estudantes deberán complementar o traballo de aula con actividades previas de
documentación e preparación das áreas temáticas correspondentes, incluida a elaboración de glosarios, a lectura de textos e discursos paralelos, etc.
Prácticas autónomas a través de TIC Trátase de prácticas individuais de IC con axuda de gravacións de sesións reais de
conferencias e discursos extraídos da Internet.
Corrección de exercicios.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000