I. Introdución
1. Repaso dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación consecutiva idioma 1: inglés-español.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade. |
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Axustar o nivel da lingua materna: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
4. Afondar no traballo de escoita e análise (concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe).
5. Dominar as fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais e os fundamentos da toma de notas.
6. Elaborar discursos propios nas linguas A e B con fluidez e propiedade. |
II. Fundamentos
1. Consolidación das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva entre as linguas A e B. |
1. Consolidar as capacidades de escoita e análise e mellorar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
2. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal.
3. Facer un bo uso da toma de notas: ter criterio para seleccionar a información, introducir e integrar os símbolos útiles para cada estudante, experimentar distintas formas de toma de notas, equilibrar a utilización das notas e o uso da memoria, dominar a notación dos conectores.
4. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua B discursos producidos na lingua A e viceversa. |
IV. Consolidación
1. Superación definitiva das dificultades de
aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación
consecutiva ante situacións de maior nivel de dificultade. |
1. Ser capaz de restituír información complexa e especializada en consecutiva: conceptos abstractos, nomes propios, discursos de especialidade.
2. Saber preparar e interpretar discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
3. Dominar a restitución de números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso, saber tomar decisións acaídas sobre a análise e a restitución do discurso.
4. Consolidar a expresión oral na lingua B. Elaboración de mini discursos nesta lingua.
5. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
6. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos de maior dificultade (densos, complicados e rápidos). |