Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento no que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


I. MODALIDADE NON PRESENCIAL

Mantéñense todas as metodoloxías, adaptadas á situación de non presencialidade: as asíncronas mediante a plataforma Faitic e o correo electrónico e as síncronas mediante plataformas de conexión en liña como o Campus Remoto ou Zoom.

As titorías realizaranse mediante o campus remoto (cadanseu despacho virtual de Lara Domínguez e Pablo Romero) ou telefonicamente (con cita previa por correo electrónico).

As probas ou tarefas obrigatorias que non se realizaran no momento do cambio á modalidade non presencial, pero que se poidan realizar igualmente de forma remota, continuarán co mesmo peso na avaliación. No caso de a modalidade non presencial ou mixta se estender moito no tempo, a proba final de avaliación (75%) poderá diminuír o seu peso na nota final e aumentar, no seu lugar, o peso da autoavaliación (que na modalidade presencial é de apto obrigatorio e non conta para a cualificación final) ou do seminario (5%); en tal caso, dita avaliación adaptarase ao sorporte ou método máis conveniente en función das circunstancias (portafolio, diario de aprendizaxe, recollida de follas de autoavaliación, reflexión sobre a aprendizaxe, pautas metacognitivas etc.).

II. MODALIDADE MIXTA

Na modalidade mixta (na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono ou asíncrono) o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento e puidendo adaptar a avaliación ou as metodoloxías ao establecido na modalidade non presencial, no caso de estimar que isto fose redundar nunha mellor aprendizaxe por parte do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000