Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2015_16
Materia Interpretación consecutiva avanzada idioma 1: Inglés-Español Código V01G230V01906
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Domínguez Araújo, Lara
Correo-e laradoar@gmail.com
Profesorado
Domínguez Araújo, Lara
Web
Descrición xeral Esta materia, de carácter eminentemente práctico, ten por obxectivo que o alumnado consolide as técnicas e competencias fundamentais de interpretación consecutiva entre inglés e castelán. Así, espérase que ao longo do cuadrimestre o alumnado sexa quen de:
• Desenvolver as capacidades de escoita activa, memoria, análise e síntese do discurso, competencia estratéxica e resolución de problemas.
• Dominar as técnicas fundamentais de toma de notas e oratoria, con especial atención á fluidez, naturalidade, corrección e capacidade comunicativa da expresión oral nas linguas A e B.
• Aumentar a súa cultura xeral, ser quen de documentarse e prepararse para interpretar entrevistas e discursos especializados sobre un tema dado.
• Interpretar con profesionalidade, na modalidade de consecutiva, discursos complexos e especializados entre as súas linguas A e B.
• Facer de mediador(a) lingüística/o e cultural entre falantes das linguas B e A nun contexto profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000