Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea avanzada idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IS e a Tradución a vista así como a elaboración e enunciación de discursos en lingua B que será posteriormente interpretado polos estudantes 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. A proba consistirá na interpretación simultánea -inversa (50%) e directa (50%) - de dous discursos enunciados polo profesor, ou dun discurso e unha entrevista, será o propio estudantes quen escolla o tipo de proba que será avaliada. Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas;
- contidos: coherencia intra e intertextual;
- produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
Non rematar a proba, saltar, engadir ou non rematar unha frase implicarán suspender a proba.
Para aprobar esta proba, será necesario aprobar ambas as dúas partes
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar a avaliación continua explicitada anteriormente (elaboración de discursos, interpretacións, realización dunha proba de interpretación simultánea directa e inversa e exercicio de autoavaliación), será obligatorio asistir ao 80% das clases.
É imprescindible, ademais, obter un mínimo  de 5 sobre 10 en cada unha das  probas de interpretación para dar por aprobada a
materia. Esta proba terá lugar na  sesión do 10-12-14 de clase
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria
consistirán nun exame de interpretación simultánea  dun discurso da lingua B á lingua A, e outra  dun discurso de A>B pudiendo sustituir una de ellas por una bilateral . No caso da avaliación única e da segunda convocatoria será necesario ter aprobadas as dúas probas (cun mínimo de 5/10) para aprobar a materia.
Os criterios de cualificación
serán os referidos no apartado probas prácticas de execución de tarefa
reais e/ou simuladas. A porcentaxe da nota do exame é do 90% para
aqueles que se acollan á avaliación contínua e do 100% para os demais..
Convocatoria extraordinaria de xullo. Realizarase o día do exame oficial. Os criterios de cualificación serán os criterios aplicados para cualificar a proba única realizada durante o exame oficial: unha interpretación directa e unha inversa ou unha interpretación bilateral e unha inversa ou directa
- contidos: coherencia intra e intertextual
- produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
-corrección gramátical e léxica do produto -do discurso interpretado.
Non rematar algunha frase significará automaticamente un suspenso. A porcentaxe da nota do exame é do 100% da mesma.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000