Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
A proba consistirá na interpretación simultánea -inversa (50%) e directa (50%) - de dous discursos enunciados polo profesor, ou dun discurso e unha entrevista, será o propio estudantes quen escolla o tipo de proba que será avaliada. Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas;
- contidos: coherencia intra e intertextual;
- produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
Non rematar a proba, saltar, engadir ou non rematar unha frase implicarán suspender a proba.
Para aprobar esta proba, será necesario aprobar ambas as dúas partes |
90 |
Para poder optar a avaliación continua explicitada anteriormente (elaboración de discursos, interpretacións, realización dunha proba de interpretación simultánea directa e inversa e exercicio de autoavaliación), será obligatorio asistir ao 80% das clases. É imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas de interpretación para dar por aprobada a materia. Esta proba terá lugar na sesión do 10-12-14 de clase Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación simultánea dun discurso da lingua B á lingua A, e outra dun discurso de A>B pudiendo sustituir una de ellas por una bilateral . No caso da avaliación única e da segunda convocatoria será necesario ter aprobadas as dúas probas (cun mínimo de 5/10) para aprobar a materia. Os criterios de cualificación
serán os referidos no apartado probas prácticas de execución de tarefa
reais e/ou simuladas. A porcentaxe da nota do exame é do 90% para
aqueles que se acollan á avaliación contínua e do 100% para os demais.. Convocatoria extraordinaria de xullo. Realizarase o día do exame oficial. Os criterios de cualificación serán os criterios aplicados para cualificar a proba única realizada durante o exame oficial: unha interpretación directa e unha inversa ou unha interpretación bilateral e unha inversa ou directa - contidos: coherencia intra e intertextual - produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia. -corrección gramátical e léxica do produto -do discurso interpretado. Non rematar algunha frase significará automaticamente un suspenso. A porcentaxe da nota do exame é do 100% da mesma. |