Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea avanzada idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Estas actividades están encaminadas a toma de contacto dos estudiantes coa profesora e a
materia. Formularánse os obxetivos e describiranse a metodología así como os criterios de avaliación.
Traballos de aula Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da
interpretación simultánea. Familiarizarase os estudantes cos equipos de interpretación
tanto para o seu manexo individual coma para o traballo por parella.
Realizaranse actividades relacionadas coas principais estratexias para a IS así como exercicios
prácticos de IS directa, inversa e bilateral, en varias áreas temáticas e repreduciendo os distintos
supostos de traballo.
Así mesmo, desenvolveranse tarefas de preparación individual e conxunta dos exercicios prácticos
-análise de vocabulario relevante, lectura rápida, tradución a vista con ou sen preparación, etc.
Cada exercicio realizado en cabina será gravado para a súa posterior escoita, corrección e análise
crítico na aula e na casa.
Prácticas autónomas a través de TIC Trátase de prácticas individuais de IS a partir de visionado e escoita de sesións reais de
conferencias e discursos on line. Corrección de exercicios.
Titoría en grupo Recoñecemento de fenómenos relevantes. Identificación e localización de problemas de lingua, de referencias culturais e sociais, gramática de contraste, e tradución.
Busca de solucións: tácticas e estratexias de traballo adaptadas a necesidades e capacidades dos estudantes.
Estudos/actividades previos Os e as estudantes deberán complementar o traballo de aula con actividades previas de documentación e preparación das áreas temáticas coas que se traballe que incluirán a elaboración de glosarios, a lectura de textos e discursos paralelos, etc.
Sesión maxistral Explicación de contidos teóricos da materia que se impartirán de forma transversal nas
sesións prácticas de traballo nos laboratorios de interpretación. A explicación do profesor se
complementará coas lecturas correspondentes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000