Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación simultánea avanzada idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Sesións ou partes de sesións nas que se repasan os aspectos teóricos que vaian xurdindo en relación cos exercicios prácticos de IS. As explicacións do/a profesor/a complementaranse coas lecturas correspondentes.
Traballo tutelado Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da interpretación. Realizaranse actividades relacionadas coas principais estratexias para a interpretación simultánea e exercicios prácticos de interpretación simultánea (inglés-español e español-inglés), en varias áreas temáticas e reproducindo diferentes supostos de traballo, así como tarefas de preparación conxunta e individual dos exercicios prácticos (análise de vocabulario relevante, lectura rápida, tradución á vista con e sen lectura previa, etc.). Os exercicios prácticos de IS en cabina complementaranse con escoitas e análises críticas por parte do/a docente e dos propios alumnos/as.
Estudo previo Os/as alumnas deberán complementar o traballo da aula con actividades previas de documentación e preparación das áreas temáticas coas que se traballe (familiarización co tema, elaboración de glosarios, preparación de materiais de apoio fornecidos con antelación, etc.).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000