AVALIACIÓN CONTINUA Nas dúas primeiras semanas o alumnado deberá informar mediante documento escrito (por exemplo na FICHA) dirixido á docente se se acolle á avaliación continua ou non. Para acollerse á avaliación continua será necesario asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. O alumnado que decida seguir a avaliación continua e obteña a cualificación de suspenso deberá presentarse á 2.ª edición de actas (xullo) nas condicións que se especifican a continuación: 1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 20% da nota 2. Tradución nun tempo limitado (2 horas FRA-ESP): 20% da nota (con ferramentas) 3. Tradución nun tempo limitado (2 horas) ESP-FRA: 20% da nota (se se trata de cartas será sen ferramentas) 4. Encargo de tradución que recibirá o día do exame oficial e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no encargo nun prazo máximo de 5 días naturais: 40% da nota NOTAS: Será preciso aprobar cada unha das partes para poder facer a media do conxunto. O plaxio será motivo de suspenso 1ª EDICIÓN DE ACTAS (XUÑO) E 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO) PARA ALUMNADO NON ASISTENTE O alumnado non asistente poderá presentarse á 1ª EDICIÓN DE ACTAS os días 28 e 29 de abril de 2015 na aula Newton9 ou/e 2ª edición de actas de xullo (data publicada na páxina web da *FFT) nas condicións que se especifican a continuación: 1. Pregunta teórica sobre as lecturas e artigos do curso: 10% da nota 2. Tradución en tempo limitado (2 horas FRA-ESP): 20% da nota (con ferramentas) 3. Tradución en tempo limitado (2 horas ESP-FRA): 20% da nota (sen ferramentas se se trata de cartas) 4. Encargo de tradución con comentario que recibirá o día da proba na aula e que deberá entregar segundo as condicións especificadas no encargo nun máximo de 4 días naturais: 30% da nota 5. Proba oral en francés sobre as lecturas e artigos do curso para comprobar a capacidade expresiva do alumnado non asistente: 20% da nota NOTAS: Será preciso aprobar cada unha das partes para poder facer a media do conxunto O plaxio será motivo de suspenso |