Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias
Neste apartado de 2 h, a docente presentará a programación, explicando de forma detallada os contidos e os traballos que deberá realizar o alumnado. Comentará a bibliografía asi como a avaliación da materia.
Diagnóstico inicial para coñecer o nivel do alumnado cun test ou mediante un texto con preguntas.
Lección maxistral Para que o alumnado adquira un dominio suficiente para traducir textos económicos e financeiros desenvolveranse algunhas nocións teóricas sobre as competencias específicas da tradución económica e financeira, as ferramentas, os mercados financeiros, o sistema económico actual e conceptos macroeconómicos básicos.
A pesar de que están neste apartado de sesión maxistral (6 h), as clases serán sempre de índole participativa e apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas Neste apartado de 26 horas realizaranse análises de textos, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado así como a resolución de problemas ou dificultades de tradución.
Realizaranse diferentes traballos e/ou exercicios paralelos á tradución dos distintos textos seleccionados:
-para traballar as competencias propias da tradución económica como o protocolo de procura de información (documentación) e terminoloxía.
-para resolver calquera problema puntual relacionado coa tradución dos textos económicos e financeiros seleccionados así como co mercado da tradución do ámbito que nos ocupa.
Todos estes textos deberán ser previamente traducidos fóra da aula para a súa revisión e resolución de problemas en común nas clases.
Unha vez resoltos os devanditos problemas entregaranse todos os textos en formato electrónico (TIC) e en papel debidamente maquetados e revisados con control de cambios para seguir o proceso de revisión.
Solicitaranse, en ocasións, os primeiros borradores que o alumnado deberá realizar fóra da aula.
Identificaranse da forma seguinte:
APELIDO+NOME_TÍTULO_TXT 1_V/TH

GLOSARIOS:
O alumnado deberá crear 2 glosarios (1 directa-1 inversa) para cada ámbito temático abordado. Os termos extraeranse do corpus de textos traducidos e dos textos paralelos utilizados durante o curso. Indicaranse en cada caso as fontes utilizadas para as definicións que se inclúan no glosario en documento formato Excel cuxo modelo se atopa na plataforma FAITIC.
Este corpus servirá de ferramenta para realizar as traducións e para elaborar o traballo escrito así como para a exposición oral final, polo que tanto os glosarios como o corpus deberán estar en construción permanente desde a primeira ata a última sesión.
O corpus e os glosarios (Cf. información e modelo en FAITIC) deberanse identificar da forma seguinte:
APELIDO+NOME_GLOSSAIRE_ESP-FRA
APELIDO+NOME_GLOSSAIRE_FRA-FRA
APELIDO+NOME_CORPUS1_ESP
APELIDO+NOME_CORPUS1_FRA
Traballo tutelado O alumno deberá elaborar un traballo baixo a supervisión da profesora sobre algunha das dificultades ou problemas terminolóxicos ou/e conceptuais de tradución que aparecerán reflectidos nos glosarios ou/e sobre o mercado laboral.
A docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do devandito traballo na sesión de presentación
da programación.
As indicacións detalladas sobre a elaboración do traballo atópanse nun documento subido á plataforma FAITIC.
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará oralmente na clase (exposición de 10-15
minutos) os resultados do seu traballo en francés. O devandito traballo deberá ser presentado tamén en versión papel e en versión electrónica no apartado de exercicios correspondente da plataforma FAITIC para completar a súa avaliación.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e recursos necesarios para a realización dos exercicios e/ou traducións dos textos de carácter económico e financeiro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000