Sesión maxistral |
Para que o alumnado adquira un dominio básico suficiente para traducir textos económicos e financeiros desenvolveranse algunhas nocións teóricas sobre os mercados financeiros, o sistema económico actual e conceptos macroeconómicos básicos. |
Traballos tutelados |
O alumnado deberá realizar diferentes traballos relacionados coas competencias necesarias para traducir os textos económicos e financeiros seleccionados asi como co mercado da tradución do ámbito que nos ocupa.
Todos os textos traducidos deberán ser entregados en formato electrónico (TIC) e en papel debidamente maquetados e revisados con control de cambios para seguir o proceso de revisión. Solicitaranse, en ocasións, os primeiros borradores elaborados dentro ou fóra da aula. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Avaliaranse conxuntamente a participación nos debates dentro da aula, a resolución de problemas, os exercicios e as traducións entregadas en papel e a través de TIC debidamente identificadas (APELIDO+NOME_TXT) e revisadas con control de cambios no formato que se especificará nas aulas. |