Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Diagnóstico inicial para coñecer o nivel do alumnado cun test ou un texto con preguntas.
Sesión maxistral Para que o alumnado adquira un dominio básico suficiente para traducir textos económicos e financeiros desenvolveranse algunhas nocións teóricas sobre os mercados financeiros, o sistema económico actual e conceptos macroeconómicos básicos.
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse diferentes exercicios paralelos á tradución dos distintos textos seleccionados:
-para traballar as competencias propias da tradución económica como o protocolo de procura de información (documentación) e terminoloxía.
-para resolver calquera problema que presente a tradución de textos económicos e financeiros
GLOSARIO: O alumnado deberá realizar un glosario de cada ámbito temático abordado (15%). Os termos extraeranse do corpus de textos traducidos durante o curso. Indicaranse en cada caso as fontes utilizadas para as definicións que se inclúan no glosario en documento formato excel entregado pola profesora.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar diferentes traballos relacionados coas competencias necesarias para traducir os textos económicos e financeiros seleccionados asi como co mercado da tradución do ámbito que nos ocupa.
Todos os textos traducidos deberán ser entregados en formato electrónico (TIC) e en papel debidamente maquetados e revisados con control de cambios para seguir o proceso de revisión. Solicitaranse, en ocasións, os primeiros borradores elaborados dentro ou fóra da aula.
Presentacións/exposicións O alumnado de avaliación continua deberá realizar e expoñer (en ES ou FR) un dos traballos cuxa temática será proposta ao comezo do curso e sempre relacionada coas competencias que cómpre adquirir para traducir correctamente textos económicos e financeiros asi como co mercado da tradución do ámbito económico e financeiro
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliaranse conxuntamente a participación nos debates dentro da aula, a resolución de problemas, os exercicios e as traducións entregadas en papel e a través de TIC debidamente identificadas (APELIDO+NOME_TXT) e revisadas con control de cambios no formato que se especificará nas aulas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000