Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos ou de forma oral. 10 A1
A2
A3
C8
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución, revisións de traducións... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
Deberanse entregar na plataforma FAITIC e en versión papel todas as traducións debidamente revisadas con control de cambios e identificadas da seguinte forma:
APELIDO+NOME+TÍTULO TEXTO
Ao tempo que se realizan exercicios de tradución o alumnado deberá elaborar 2 Glosarios (directa e inversa) que deberán estar en permanente construción dende a primeira ata a última sesión e avaliaranse dentro do apartado de presentacións e exposicións.
20 A1
A2
A3
C4
C5
C8
C22
D4
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual o último día de clase, un traballo que versará sobre algún problema de tradución (terminolóxico ou conceptual) encomendado a comezos de curso.
2 corpus formados por textos traducidos e textos paralelos dos que se extraerán as unidades terminolóxicas para elaborar 2 glosarios (directa e inversa) servirán de ferramenta para a elaboración do devandito traballo.
25 A1
A3
A4
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, o alumnado recibirá 1 texto para cada combinación (directa 20% e inversa 20%) para ser traducido que tente simular situacións reais de traballo.
As probas realizaranse na aula e na data oficial publicada na web da FFT (duración de 1 h 50' cada unha) ou fóra dela se se trata dunha encomenda de tradución que se lle entregará ao alumnado nas condicións fixadas pola profesora e na data oficial publicada na web da FFT.

40 A1
A2
A3
A4
C5
C8
C26
D8
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro sobre economía obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado na proba oral en francés o último día de clase. 5 A1
A2
A3
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. O alumnado que se acolla a avaliación continua deberá entregar os exercicios e traducións nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non cumpra cos prazos marcados pasará automaticamente a avaliación única.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo (data oficial publicada na páxina web da FFT) nas condicións que se especifican a continuación:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1h 50' cada unha ): 20%+20% da nota. Non se poderá usar material auxiliar se se trata dunha carta comercial (inversa). Data oficial publicada na web da FFT

3. 2 encomendas de tradución comentadas ( unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado o día da proba na aula (data oficial publicada na web da FFT) para entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 4 días naturais: 20%+ 20% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das probas para poder facer a media.  O plaxio será motivo de suspenso

1ª EDICIÓN DE ACTAS (MAIO) E 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)  PARA NON ASISTENTES (VER DATA OFICIAL PÁXINA WEB FFT)

O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase na data indicada na páxina web da FFT para realizar as probas correspondentes que consistirán en:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1 h 50' cada unha ): 20%+20% da nota. Non se poderá usar documentación se se trata de carta comercial (INVERSA) e o tempo só será de 1 hora.

3. 2 encomendas de tradución con comentario (unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado na data oficial publicada na web da FFT e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 3 días naturais: 20%+ 20% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das partes especificadas para poder facer a media. O plaxio será motivo de suspenso

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000