Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos ou de forma oral. 10 A1
A2
A3
C8
C13
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
2 Glosarios: directa e inversa
20 A1
A2
A3
C4
C5
C8
C22
D4
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 10 A1
A3
A4
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.
Probas na aula ou encomendas:
1ª (10%) semana antes do periodo de traballo autónomo, é dicir, semana do 25/03/2016 (directa)
1.ª proba (10%)semana antes do periodo de traballo autónomo, semana do 22/03/2016 (inversa)
2.ª proba (40%) na última semana de clases do 2.º cuadrimestre, semana do 06/05/2016 (directa) e
2.ª (40%) na última semana de clases do 2.º cuadrimestre, semana do 10/05/2016 (inversa)
50 A1
A2
A3
A4
C5
C8
C26
D8
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro sobre economía obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba oral en francés. 10 A1
A2
A3
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. O alumnado que se acolla a avaliación continua deberá entregar os exercicios e traducións nos prazos marcados pola profesora. O alumnado que non cumpra cos prazos marcados pasará automaticamente a avaliación única.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo (data indicada na páxina web da FFT) nas condicións que se especifican a continuación:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1:00 h cada unha ): 25%+25% da nota. Non se poderá usar material auxiliar se se trata dunha carta comercial.

3. 2 encomendas de tradución comentadas ( unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado o 06 e 10 de maio de 2016 para entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 4 días naturais: 15%+ 15% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das probas para poder facer a media.

1ª EDICIÓN DE ACTAS  (MAIO) E 2ª EDICIÓN DE ACTAS EN XULLO (DATA PÁXINA WEB FFT) PARA NON ASISTENTES

O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase o día 06 e 10 de maio de 2016 na aula C14 ou/e en xullo na data indicada na páxina web da FFT para realizar as probas correspondentes que consistirán en:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1 h 45' cada unha ): 25%+25% da nota. Non se poderá usar documentación se se trata de carta comercial (INVERSA) e o tempo só será de 1 hora.

3. 2 encomendas de tradución con comentario (unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado na última semana de clases é dicir os días 06 e 10 de maio de 2016 (ou o día do exame oficial de xullo se se trata da 2.ª edición de actas)  e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas  nun máximo de 3 días naturais: 20%+ 20% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das partes especificadas para poder facer a media. O plaxio será motivo de suspenso

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000