O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo (data indicada na páxina web da FFT) nas condicións que se especifican a continuación: 1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota 2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1:00 h cada unha ): 25%+25% da nota. Non se poderá usar material auxiliar se se trata dunha carta comercial. 3. 2 encomendas de tradución comentadas ( unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado o 29 de abril e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 5 días naturais: 15%+ 15% da nota. Será preciso aprobar cada unha das probas para poder facer a media. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (MAIO) E 2ª EDICIÓN DE ACTAS EN XULLO (DATA PÁXINA WEB FFT) PARA NON ASISTENTES O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase o día 29 DE ABRIL na aula C14 ou/e en xullo na data indicada na páxina web da FFT para realizar as probas correspondentes que consistirán en: 1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota 2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1:00 h cada unha ): 25%+25% da nota. Non se poderá usar documentación se se trata de carta comercial (INVERSA). 3. 2 encomendas de tradución comentadas ( unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado o día 29 de abril (ou o día do exame oficial de xullo se se trata da 2ª edición de actas) e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas nun máximo de 3 días naturais: 20%+ 20% da nota. Será preciso aprobar cada unha das probas especificadas para poder facer a media. O plaxio será motivo de suspenso |