Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
Materias
Tradución económica idioma 1: Francés-Galego
Avaliación
Descrición Cualificación
Sesión maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame, ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos ou de forma oral. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse todo tipo de exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.

2 Glosarios: directa e inversa
20
Presentacións/exposicións O alumnado deberá presentar oralmente, e de xeito individual, o traballo encomendado a comezos de curso. 15
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Neste apartado, entregaránselle ao alumnado textos para seren traducidos que tenten simular situacións reais de traballo.

A primeira proba + 1 encomenda: 28/02/2014 (directa) e 4/03/2014 (inversa) (15%) )

A segunda proba (+ entrega de 2ª encomenda): 29/04/2014 (thème)
2/05/2014 (version) (30% da nota do apartado):
45
Probas de resposta curta O alumnado deberá ler un libro sobre economía obrigatorio (cf. Bibliografía) que será avaliado mediante unha proba oral en francés. 10

Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá informar á docente nas dúas primeiras semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non. En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ao 80% das horas presenciais.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo (data oficial aprobada por Xunta da FFT) nas condicións que se especifican a continuación:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1:00 h cada unha ): 25%+25% da nota. Non se poderá usar material auxiliar se se trata dunha carta comercial.

3. 2 encomendas de tradución comentadas ( unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado o 2 de maio e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas  nun máximo de 5 días naturais: 15%+ 15% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das probas para poder facer a media.

CONVOCATORIA ORDINARIA DE XUÑO E  EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO (DATA FIXADA POLA XUNTA DA FFT) PARA NON ASISTENTES

O alumnado que non se acolla á avaliación continua presentarase o día 2 de maio (convocatoria ordinaria)  na aula C13 ou/e en xullo na data fixada pola Xunta da FFT para realizar as probas correspondentes que consistirán en:

1. Proba oral en francés para amosar os seus coñecementos da linguaxe económica tanto da lingua de partida como de chegada, sobre teoría, lecturas e artigos do curso: 20% da nota

2. Tradución directa e inversa con tempo limitado (2 probas de 1:00 h cada unha ): 25%+25% da nota. Non se poderá usar documentación se se trata de carta comercial  (INVERSA).

3. 2 encomendas de tradución comentadas ( unha directa e outra inversa) que recibirá o alumnado o día 2 de maio (ou o día do exame oficial de xullo)  e que deberá entregar segundo as condicións especificadas nas encomendas  nun máximo de 5 días naturais: 20%+ 20% da nota.

Será preciso aprobar cada unha das probas especificadas para poder facer a media. O plaxio será motivo de suspenso

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000