Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado de 2h a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén a bibliografía e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Diagnóstico para coñecer o nivel inicial do alumnado nas dúas linguas de traballo (mediante test en francés e galego ou texto modelo con preguntas)
Sesión maxistral As 6h de sesión maxistral destinaranse a explicar ao alumnado os diferentes tipos de mercados financeiros, o sistema económico actual e conceptos macroeconómicos básicos. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado de 26 horas, realizaranse análises de textos, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Tradución económica Idioma I, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais para traballar as competencias propias á tradución económica.
2 GLOSARIOS: 1 DIRECTA- 1 INVERSA
O alumnado deberá realizar un glosario de cada ámbito temático abordado (15%). Os termos especializados extraeranse dos textos traducidos (corpus) durante o curso. Presentarase en formato excel con catro apartados: (TO)-definición/ (TM)-definición.
Deberanse identificar:
APELIDO+NOME GLG-FRA
APELIDO+NOME FRA-GLG
Traballos tutelados O alumno deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución ou/e sobre o mercado laboral presentadas nas clases, que será tutelado polo profesor. Durante as 2 horas presenciais dedicadas a este apartado, o docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentacións/exposicións Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará oralmente (exposición de 10-15 minutos) o seu traballo en francés/galego na clase.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e recursos necesarios para a realización dos exercicios e/ou tradución dos textos de carácter económico e financeiro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000